Dibujo publicado en "La Voz de Galicia" edición de Ferrol - 05 - 03 - 2017
A patroa maior da Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol, Isabel Maroño, denunciou que "a ría está completamente esquilmada", á vez que reclama "a limpeza do banco das Pías", un dos máis produtivos en ameixa da Comunidade.
"Que o limpen dunha vez, cunha empresa contratada pola Xunta e non por nós, pero que o limpen de verdade, que non fagan máis o paripé", clamou.
Maroño apuntouno tras participar nun encontro co responsable do edificio administrativo da Xunta en Ferrol e co biólogo de zona, xa que "non estaba nin a responsable da Consellería do Mar".
De maneira paralela a este encontro, ao redor de medio centenar de mariscadores pertencentes ás confrarías de Ferrol e Barrollobre, en Fene (A Coruña), concentráronse no exterior do edificio administrativo situado na Praza de España.
No hay comentarios:
Publicar un comentario